Sesión debate
Nesta última sesión debate tratamos diferentes temas como foron:
- O uso da lingua materna na aula.
- O uso das tecnoloxías na aula.
- Deberes si ou no.
- As características dun bon profesor.
Por outro lado, tanto o uso das tecnoloxías como os deberes están moi ben pero sempre na sua xusta medida. Non podemos abusar dos deberes, claro que hai que mandalos pero para reforzar o aprendido na casa non para explotar os alumnos e que non teñan tempo libre, eles tamen teñen que desconectar e facer outras cousas que non sexan exercicios e máis exercicios. O que consiguen os profesores que mandan deberes sin fin e aburrir os alumnos, porque por un lado vai haber alumnos que non farán nin o primer exercicio, alumnos que farán dous ou tres e moi poucos os farán todos, e non vexo cal que é o punto positivo en eso ou en que esta favorecendo os alumnos.
O mesmo pasa co uso das tecnoloxías na aula, temos que adaptarnos os tempos nos que vivimos pero igual que dixen na entrada anterior non vale de nada poñer exercicios na pizarra dixital e facelos, eso non é un bo uso das tecnoloxías nin innovación, polo que tamén hai que saber usalas e tampouco abusar delas. Temos infinidad de recursos, materiais e actividades moi lúdicas e motivadoras para o alumnado que podemos compaxinar co uso das tecnoloxías.
Por último, encontrei unha imaxe que para min sintetiza perfectamente as características dun bo docente:
- Motiva o aprendizaxe
- Escoita
- Os exámenes son positivos
- Preocúpase polos seus alumnos
- Prepara as clases
- Resolve dudas
- Mantén unha actitude aberta e amigable
- Exerce por vocación
- Coñece e domina a materia
- Axuda a pensar
- Potencia a creatividade
- Utiliza recursos audiovisuais, dixitais...
- Fai que os alumnos disfruten na aula
- Mantén a atención
- Propón, non impón
- Gana o respecto dos alumnos
- Valora os progresos dos alumnos


Moita sorte nas túas prácticas e a polos 17 puntos!
ResponderEliminarMoitas gracias Luz, xa puiden poñer en práctica algunhas das vosas actividades e a verdad é que funcionaron moi ben!!!
ResponderEliminarAlégrame que pideras poñer en práctica algunha das actividades e que resultaran proveitosas! Tes posibilidade de traballar en sección bilingüe?
ResponderEliminar