Buscar este blog

Sesión debate 


Nesta última sesión debate tratamos diferentes temas como foron: 
  • O uso da lingua materna na aula.
  • O uso das tecnoloxías na aula.
  • Deberes si ou no. 
  • As características dun bon profesor. 
A verdade que é unha pena que se acabe esta parte do master que tanto estabamos disfrutando pero esta sesión foi moi interesante para compartir diferentes puntos de vista e da que tamén aprendemos moito.  Creo que máis ou menos estivemos todos de acordo con todos os temas. Todos coincidimos que o uso da lingua materna debería evitarse no máximo posible, xa que os alumnos teñen que estar expostos a lingua que están aprendendo na maneira do posible. A lingua materna podería usarse en casos especiais por exemplo cando a algún alumno hai algunha explicación que non lle quedou clara e ainda que intentaramos de diferentes formas explicarllo máis veces, sigue sen quedarlle claro, ahí si que vexo posible o uso da lingua materna. Na miña experiencia como docente de inglés extraescolar, estamos obligados a usar a lingua inglesa en todo momento, e dou clases desde nenos de 3 anos hata nenos de 11, esta claro que hai un abismo na diferencia de idade e niveles pero sempre e quizáis cos alumnos de 3 anos non podo falar con eles íntegramente en inglés pero cos de 4 e 5 xa se van acostumando e podo facer o 60% da clase en inglés e é moi gratificante ver como despois dos meses ves como os teus alumnos cada vez entenden máis e podes ir disminuíndo o uso do español na aula. 

Por outro lado, tanto o uso das tecnoloxías como os deberes están moi ben pero sempre na sua xusta medida. Non podemos abusar dos deberes, claro que hai que mandalos pero para reforzar o aprendido na casa non para explotar os alumnos e que non teñan tempo libre, eles tamen teñen que desconectar e facer outras cousas que non sexan exercicios e máis exercicios. O que consiguen os profesores que mandan deberes sin fin e aburrir os alumnos, porque por un lado vai haber alumnos que non farán nin o primer exercicio, alumnos que farán dous ou tres e moi poucos os farán todos, e non vexo cal que é o punto positivo en eso ou en que esta favorecendo os alumnos. 






O mesmo pasa co uso das tecnoloxías na aula, temos que adaptarnos os tempos nos que vivimos pero igual que dixen na entrada anterior non vale de nada poñer exercicios na pizarra dixital e facelos, eso non é un bo uso das tecnoloxías nin innovación, polo que tamén hai que saber usalas e tampouco abusar delas. Temos infinidad de recursos, materiais e actividades moi lúdicas e motivadoras para o alumnado que podemos compaxinar co uso das tecnoloxías. 

Por último, encontrei unha imaxe que para min sintetiza perfectamente as características dun bo docente: 
  1. Motiva o aprendizaxe
  2. Escoita
  3. Os exámenes son positivos
  4. Preocúpase polos seus alumnos
  5. Prepara as clases
  6. Resolve dudas
  7. Mantén unha actitude aberta e amigable
  8. Exerce por vocación
  9. Coñece e domina a materia
  10. Axuda a pensar
  11. Potencia a creatividade
  12. Utiliza recursos audiovisuais, dixitais...
  13. Fai que os alumnos disfruten na aula
  14. Mantén a atención
  15. Propón, non impón
  16. Gana o respecto dos alumnos 
  17. Valora os progresos dos alumnos






4ª Sesión Luz/Ana- Reflexión + Actividade


Esta sesión estivo dividida en duas partes. A primeira foi impartida pola profesora Luz e tratamos os temas de tutoría e os grupos PMAR e a segunda foi dirixida por Ana traballando CLIL e o papel dos auxiliares de conversación no centro.

Vou empezar falando das sesións de titoria xa que para min son fundamentais e en moitos casos non se lle da a importancia necesaria a esta hora semanal co titor e simplemente se dedica esa hora a estudio ou a facer deberes, cando se podería aproveitar moito máis. Na miña experiencia como alumna, as horas de titorias non eran nada aproveitables, xa que solo nos dedicabamos a acabar os deberes, falar entre nós, facer xogos na pizarra e algunha hasta a tutora aproveitaba para acabar a materia da súa asignatura... Pero menos mal que neste master tivemos unha asignatura dedicada expresamente a función do titor e as sesións tutorias e foi realmente útil. 

O papel do docente neste caso é moi importante e debería tratar estas sesións seriamente, falar de temas máis delicados e acercarse os seus alumnos. Tamén creo que se poderían facer estas sesións integramente en inglés pero quizáis en grupos de máis nivel como primeiro ou segundo de bachiller. Por outro lado, non me parece correcto que se suprima a hora de tutoria en segundo de bachiller, ahí é cando máis deberia facer falta para poder facer sesións de orientación para o futuro dos alumnos ou en último caso para que si que aproveiten o tempo para estudiar xa que estan moi apretados de tempo. 

Nestas sesións poderíase tratar unha infinidade de temas e como actividade proposta para aula penso que estaría ben que a comezos de curso, nas primeiras sesións se fixese "A constitución da aula". Esta actividade pode servir tanto como para grupos da eso como de bachiller xa que pode ser moi simple ou podemola complicar máis. de feito nos últimos cursos da ESO ou BACH incluso se podería facer esta constitución en inglés para deste xeito complicar un pouco a actividade. 
Podería desarrollarse de maneira que cada alumno escribise unha norma que lle gustaría que se cumplise na aula, unha vez que todos teñan a sua lei, fariamos un debate comentandoas todas e vendo a que lle dan máis importancia os alumnos. Finalmente entre todos poderíamos escoller as dez máis repetidas ou as que consideren máis importantes, escribilas nunha caritula e tela sempre presente na aula. 
Esta actividade podería funcionar moi ben cos alumnos de primeiro da ESO que acaban de vir do colexio e están acostumados a unhas normas diferentes e podería servir de adaptación a aula e o centro. 

Ademáis, buscando información sobre as sesións de titoria encontrei unha actividade que me pareceu moi interesante para tratar o traballo en equipo e ver que moitas veces as decisións tomadas en equipo son máis acertadas que as decisións de forma individual. Esta actividade chamase "El juego de la Nasa", tamén se podería levar a cabo a comezo de curso e con nivéis máis altos incluso se podería desarrollar en inglés.




Por outro lado tanto o tema sobre os grupos PEMAR e sobre a metodoloxía de Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras (AICLE) pareceronme moi útiles e de gran relevancia para a nosa formación. Co profesor Gonzalo xa falaramos de AICLE / CLIL polo que vou deixar o enlace a esas entradas de blog para non repetirme outra vez pero sigo pensando o mesmo que cando escribin esas entradas dous meses despois, pero me imagino que unha vez teña práctica e experiencia a miña opinón poida cambiar. 

Para rematar esta entrada quero falar do papel dos auxiliares de conversación. Pareceme que si fan a súa labor como é debido o seu papel é moi importante para o aprendizaxe dos alumnos, xa que se estan expoñendo directamente a lingua que estan aprendendo e dunha forma moi natural, sin duda a mellor forma para os alumnos. Baixo a miña experiencia docente, durante un trimestre tiven un auxiliar de conversación conmigo na aula, pero esta experiencia non foi nada gratificante nin para min nin para os meus alumnos. Eran clases de inglés extraescolar para a preparación dos examenes Trinity, que se basan 100% en comprensión e expresión oral, polo que o feito de ter unha persoa nativa na aula iba ser increible para o aprendizaxe dos alumnos. O problema que houbo foi que o auxiliar non tiña ningún tipo de interés en axudarlle os alumnos. A maioría das veces chegaba tarde ou directamente non viña e cando o facía molestaba máis que axudaba. Xa sei que non todos os casos son iguales pero si vas a outro país ensinar a túa lingua deberías ser comprometido co que fas e responsable xa que o fin e o cabo estas traballando polo ben de personas e podes axudar moito no seu aprendizaxe. A pesar de esta experiencia estou moi a favor de que haxa auxiliares de conversa na aula, xa que ten moitos máis pros que contras. 










3ª Sesión Ana- Reflexión


Nesta sesión traballamos a explotación dos libros de texto. Antiguamente víase o libro de texto como algo único e fundamental que había que seguir a perfección, pero menos mal que a eduación foi evolucionando e xa non é así e temos a suerte de contar con unha cantidade ilimitada de recursos. Está claro que ter un libro de texto é unha boa referencia e unha base da que podemos partir pero non creo que se adapte totalmente a unha situación de aprendizaxe concreta. 

Nos estamos un pouco perdidos neste mundo dos libros de texto pero penso que é moi importante a selección do material e ter uns bos criterios para seleccionar un libro de texto e outros recursos que se acerquen as necesidades tanto do profesor como do alumnado para poder facilitar así a tarefa de adaptar o material, reorganizalo, suprimir algúns aspectos e complementalo, de xeito que teñamos un material único e propio que responda os obxectivos que pretendemos alcanzar. A miña experiencia con libros de texto na etapa educativa foi bastante escasa, por non decir nula, xa que durante todos os cursos da ESO o meu profesor dabamos libros de lectura e tiñamos que leelos e despois facer un resumo, así durante catro anos. Esta claro que para él o máis importante era a comprensión escrita...

Foi moi interesante a actividade que fixemos en grupos de adaptar as actividades dun libro de texto. Non foi tarefa fácil pero foi moi útil ver diferentes formas de explotar un simple exercicio e facelo máis atractivo para o alumnado. Saliron moi boas alternativas!









Este articulo pareceume moi interesante e estou totalmente de acordo co que dice. Ao parecer as TIC (agora TAC) estan de moda e esta moi ben que se esten explotando porque personalmente pareceme un recurso indespensable na aula de idioma e do que todavía tendríamos que sacar máis partido. O problema ben cando se usa a tecnoloxía pero siguénse facendo os mismos exercicios. De que sirve mandarlles facer os alumnos exercicios de filling the gaps nun ordenador ou nunha pizarra dixital? cal é o cambio ahí? hai algún tipo de evolucción ou mellora para o aprendizaxe do alumno? Eso non é innovar.

Temos que saber que agora mismo prácticamente todos os alumnos teñen un ordenador, tablet ou móbil polo que moitos deles hasta saberán máis que nos das tecnoloxías. Temos que adaptarnos a estos tempos pero tamén temos que poñer límites e non abusar das tecnoloxías, hai que darlles un uso responsable razonable. 

Hai un fragmento do articulo que me gustou moito, e o cal di: "if however, the curriculum focused more on developing students autonomy, on developing reflective skills, on developing discerning readers or on making use of social media to interact with other language learners  etc. then you might see that technology is used in a more transformative way." . Está claro que temos que cumprir cos obxectivos que nos manda o goberno e o currículum pero está nas nosas máns transformar a educación en algo mellor e facer que si sexa innovadora de verdade.




"Education hasn´t moved on as much as we think"





3ª Sesión Luz- Tarefa


A actividade de esta sesión baséase nun exercicio de producción escrita no cal os alumnos empecen na aula e acaben na casa. Esta actividade estaría preparada para alumnos dun nivel medio-alto, xa que vamos usar as condicionais. Non sei exactamente en que curso se empezan a dar pero este exercicio valdría como apoio ou reforzo para aprender a usar as condicionais e o mismo tempo como exercicio de producción escrita. Ó mismo tempo é unha actividade que esta relacionada coa realidade e a súa vida cotiá polo que eles deberían poñer máis interés.




Trátase dunha actividade que consiste en dar consellos a amigos ou compañeiros que están en situacións delicadas. Todos tivemos na nosa vida algún momento así no que nos implicamos nalgún problema dun amigo e necesita da nosa axuda.

Para comezar coa actividade faremos un exercicio pre-actividade. Faremos a seguinte pregunta na aula "Estivestéis algunha vez en problemas e por iso necesitastéis a axuda dun amigo que vos aconsellara que facer? Por exemplo, algunha vez lle fixestéis dano a alguén e despois non sabíades se confesarlle o que fixéisteis ou non decir nada?" Aquí deixariamos que os alumnos falaran e contasen as súas experiencias persoais e facer na pizarra un brainstorming con ideas de problemas que poden xurdir, por exemplo: problemas co teu mellor amigo, coa túa parexa, no supermercado, coa tua familia, etc.

Seguidamente para comezar coa actividade daríalle os alumnos unha ficha con problemas da vida cotiá e trataríamos de encontrarlle solucións entre toda a clase. Posteriormente dividiramos a clase en parexas. A actividide principal que eles terían que facer na clase sería que cada membro da parella escribise unha situación problemática que necesite un consello ou solución.

Para continuar coa actividade na casa, os membros das parellas intercambiaríanse os problemas e o que deberían facer sería darlle unha solución, un consello de amigo, usando verbos modales ou estructuras xa traballadas na aula como por exemplo: If I were you...., I would recommend you to..., You should/shouldn´t..., etc.

Despóis na siguiente clase comentaríamos algúns dos problemas e solucións e ver outras opinións.

Penso que unha actividade que lles podería resultar moi útil xa que poden falar de problemas que lles pasaron ou polos que estan pasando e ademáis co feito de que teñen que escribir unha solución estamos potenciando a súa creatividade.

2ª Sesión Ana- Reflexión


Nesta sesión con Ana traballamos a comprensión escrita. Con Luz xa viramos a producción escrita e paréceme igual de importante saber traballar ben tanto unha como a outra. Unha vez máis, Ana deunos unha cantidade e material e actividades que nos serán moi úteis no noso futuro como docentes. Pareceume moi curioso como podemos usar actividades tan simples como a primeira que fixemos de "priorities in life" que probablemente para os alumnos sexa unha tonteria pero o máis importante é que estan traballando a compresión escrita. Podemos usar calquer actividade para poder traballar esta habilidade.
Outro tema que saliu en clase foi a motivación do alumando. É fundamental potenciar a motivación dos alumnos para que teñan máis ganas de aprender e facer as actividades propostas polos docentes. Algunha clave para potenciar penso que sería asociar as actividades da aula con intereses do alumnado. Por exemplo, non é o mismo mandarlles facer unha lectura do libro a cerca de fulanito, un persoaxe que solo aparece no libro e que nin lles vai nin lles ben, que mandarlles leer un artigo actual no cal fala dun festival de música ou dun xogador de fútbol que se incorpora a unha plantilla dun equipo de fútbol do seu país. É moi importante despertar a curiosidade do estudiante, usar xogos para facer as clases máis divertidas e cercanas os alumnos e non aburrilos cunha excesiva monotonía.
Tamén é moi importante  axudarlle os alumnos a encontrarlle un valor no seu aprendidaxe, sobre todo na ensinanza de idiomas que é indespensable para o seu futuro e vailles axudar na súa vida cotiá. 





Por outro lado, unha actividade que me pareceu moi útil foi a do texto con palabras que descoñeciamos pero porque eran inventadas. Esta actividade para traballar cos alumnos é xenial, pa facerlles ver que non é necesario saber o significado de todas as palabras para entender o texto. Moitas veces empezan a leer e ven unha palabra que descoñecen e xa se bloquean e non siguen lendo, cando poderían entender o texto e traballalo perfectamente, xa que cunha idea xeral poden responder as preguntas. De feito foi o que fixemos nós, fomos capaces de responder as preguntas sin coñecer o 100% do texto.  
Outra actividade moi curiosa e que fai referencia a realidade dos alumnos, foi a de "3 minute test". Teño que reconocer que eu fun a primeira en facelo mal porque empecei a leer e a facer e coma min fan os alumnos. Non leen os enunciados ata o final e non prestan atención o que hai que facer. Esa actividade recordoume o siguiente tweet que ben sendo o mesmo. 


Vimos e traballamos moitas outras actividades, e outra cousa moi importante que aprendemos que cando vaiemos facer unha actividade de comprensión escrita temos que facer tamén actividades de pre-lectura, primeira/segunda e terceira lectura e post-lectura.
Gracias a Ana e a Luz, poucoa pouco xa vamos enchendo a mochila con moitísimas actividades que son de gran axuda e que ojalá as poidamos poñer a práctica algún día e nosos alumnos disfruten con elas. 

3ª Sesión Luz-Reflexión 




A terceira sesión con Luz foi dedicada a producción escrita, ao parecer outro dos obstáculos dos alumnos no aprendizaxe de linguas, polo que me pareceu tamén fundamental esta sesión e moi importante para o noso futuro como docentes. Todas as actividades vistas nesta sesión foron realmente de axuda para demostrarnos que hai mil formas de facer un exercicio de expresión escrita que lle guste os alumnos e lles chame a atención salindo do mítico aburrido erxercicio do libro. 

A primeira actividade "warm-up" que fixemos foi moi interesante xa que de unha actividade tan simple coma esa pode desenvocar nunha actividade na cal os alumnos teñan que escribir unha historia con esos tres elementos que saliron na escenificación. Hai unha cantidad infinita de material que non ten que ser especificamente de producción escrita pero que si o podemos aprobeitar, como por exemplo unha simple canción que podemos traballar na aula co vocabulario, léxico ou gramática e que despois como traballo de casa teñan que escribir unha historia con elementos de esa canción ou co titulo da canción. Tamén me parece moito mellor mandarlles escribir diferentes redaccións, xa que a hora de ter que correxir, vai ser moito máis ameno para o docente. Non é o mismo correxir 40 redaccións sobre un mismo tema que sobre diferentes historias e desta forma tamén lle damos o alumno pé a ser máis creativo e despertar a súa imaxinación e fomentar a escritura. Para o docente tamén é de moita axuda correxir un texto de produccón escrita cunha rúbrica, o díficil é encontrar a rúbrica que se axeite a un mesmo.
Por outro lado si facemos de esto unha competición xa estamos ganando máis puntos cos alumnos e terán máis interés en escribir algo máis orixinal polo que se van esforzar ainda máis. Ademáis tamén poden compartir co resto da clase as súas redaccións e os demáis compañeiros poden ver diferentes formas de facer unha redacción e inspirarse para outros traballos no futuro.



Unha actividade que me resultou moi curiosa e o mismo tempo moi útil para coñecer o nivel do alumno a principio de curso foi a de escribir unha carta. É unha forma moi sinxela de avaliación inicial que nos sirve a nós para ter información da clase e que nivel teñen despois do verán. 
Tamén falamos de alumnos que teñen dificultades de escribir e unha das solucións pa axudarlles sería que escribisen un diario e así tamén poder ver a súa progresión. Penso que tamén podería ser interesante a creación dun taller de escritura creativa donde poderíamos ir vendo unha clara progresión do alumno.

Relacionar a activida de compresión lectora coa de producción escrita pareceume unha idea xenial, e tamén podería axudar a estes alumnos dos que falamos anteriormente, escribindo resumenes dos seus libros favoritos. É unha actividade moi interesante xa que os alumnos ven o feito de ter que leer un libro de forma obligatoria máis divertido, e volvemos o mesmo, estamos chamando a súa atención que o fin e o cabo é fundamental para motivalos. E outra vez máis unha actividade que ten como obxectivo a lectura acaba sendo unha actividade xenial para a producción escrita.

Para rematar, outra actividade que me gustou moito foi a do poema. Unha actividade tan simple que faga os alumnos poetas por un día e a ter a satisfacción de ver textos como un poema escritos por el nunha lingua que non é a súa.







2º Sesión Luz- Reflexión 


Na segunda sesión con Luz falamos da producción oral, o máis temido polos alumnos, o speaking. Pareceume moi importante para a nosa formación aprender a traballar esta habilidade lingüística e ver a cantidade de recursos e métodos que podemos usar, xa que creo que para o docente de idiomas a ensinanza da comunicación oral é un reto. Primeiro porque hai moitos alumnos, xa sexa do nivel que sexa, que son vergonzosos ou tímidos ou pola razón que sexa sintense máis cortados e inseguros a hora de ter que falar en outro idioma. Por outro lado, outro motivo é que na maioría dos casos o alumno non ten forma de prácticar esta habilidade do idioma fora de clase. Por iso é moi importante que o docente conte con unha serie de habilidades para lograr motivar o alumnado para perderlle o medo a falar e para que sexa capaz de comunicarse na lingua estranxeira. 
Persoalmente, penso que a producción oral debería ser a habilidade que máis se traballe na aula, é fundamental saber a gramática para poder construír as frases con sentido pero o máis importante é saber falar e comunicarse con persoas do outro idioma, e para os alumnos o feito de verse nunha situación real ou unha conversación do día a día xa vai valer moito máis que facer o típico exercicio de reading ou filling the gaps ou falar de Peter que non o coñecen nin é un personaxe real e desta forma van disfrutar máis das actividades e estarán máis motivados. 






Por outra banda, o gran descubrimento desta sesión no solo foron todas actividades e recursos que vimos para traballar a producción oral, senón que foi o libro "The Minimax Teacher" que seguro que nos vai salvar en máis dunha ocasión. Tamén a páxina lessonstream que a descoñeciamos totalmente e vainos ser moi útil no futuro. 

Outros aspectos que me gustaría comentar son o feito de personalizar as actividades  e tratamento do erro.  Coa actividade que fixemos da foto viuse claramente como personalizar unha actividade e crear máis interes no alumno. É fundamental motivar o alumno para que queira facer as actividades, chamar a asúa atención e facer unha simple actividade máis creativa.  

O tratamento do erro cando correximos é un tema delicado. Estou de acordo que os alumnos que se arriscan sempre deberían ter maior nota porque é aí onde podemos ver o progreso e non nun alumno que fai frases simples pero eso moitas veces non pasa e non se lles valora o traballo e sen embargo auqel alumno hai outros alumnos que non se complican para non ter erros, "play safe".  É moi importante saber correxir os erros da maneira máis eficaz e apropiada e facerlle ver os alumnos que non está mal equivocarse, que dos erros aprendese. O erro é un recurso útil que facilita o aprendizaxe dos alumnos e sobre todo cando estan aprendendo unha nova lingua, si sabemos tratalo dun xeito axeitado estamos favorecendo o alumnado a non frenarse no seu proceso de aprendizaxe, xa que no proceso de adquisión dunha lingua vanse encontrar sempre con moitos obstáculos e esta no noso labor como docentes facer que cumplan os obxectivos que lles marcamos e axudarlles a conseguilos.