Buscar este blog

3ª Sesión Luz-Reflexión 




A terceira sesión con Luz foi dedicada a producción escrita, ao parecer outro dos obstáculos dos alumnos no aprendizaxe de linguas, polo que me pareceu tamén fundamental esta sesión e moi importante para o noso futuro como docentes. Todas as actividades vistas nesta sesión foron realmente de axuda para demostrarnos que hai mil formas de facer un exercicio de expresión escrita que lle guste os alumnos e lles chame a atención salindo do mítico aburrido erxercicio do libro. 

A primeira actividade "warm-up" que fixemos foi moi interesante xa que de unha actividade tan simple coma esa pode desenvocar nunha actividade na cal os alumnos teñan que escribir unha historia con esos tres elementos que saliron na escenificación. Hai unha cantidad infinita de material que non ten que ser especificamente de producción escrita pero que si o podemos aprobeitar, como por exemplo unha simple canción que podemos traballar na aula co vocabulario, léxico ou gramática e que despois como traballo de casa teñan que escribir unha historia con elementos de esa canción ou co titulo da canción. Tamén me parece moito mellor mandarlles escribir diferentes redaccións, xa que a hora de ter que correxir, vai ser moito máis ameno para o docente. Non é o mismo correxir 40 redaccións sobre un mismo tema que sobre diferentes historias e desta forma tamén lle damos o alumno pé a ser máis creativo e despertar a súa imaxinación e fomentar a escritura. Para o docente tamén é de moita axuda correxir un texto de produccón escrita cunha rúbrica, o díficil é encontrar a rúbrica que se axeite a un mesmo.
Por outro lado si facemos de esto unha competición xa estamos ganando máis puntos cos alumnos e terán máis interés en escribir algo máis orixinal polo que se van esforzar ainda máis. Ademáis tamén poden compartir co resto da clase as súas redaccións e os demáis compañeiros poden ver diferentes formas de facer unha redacción e inspirarse para outros traballos no futuro.



Unha actividade que me resultou moi curiosa e o mismo tempo moi útil para coñecer o nivel do alumno a principio de curso foi a de escribir unha carta. É unha forma moi sinxela de avaliación inicial que nos sirve a nós para ter información da clase e que nivel teñen despois do verán. 
Tamén falamos de alumnos que teñen dificultades de escribir e unha das solucións pa axudarlles sería que escribisen un diario e así tamén poder ver a súa progresión. Penso que tamén podería ser interesante a creación dun taller de escritura creativa donde poderíamos ir vendo unha clara progresión do alumno.

Relacionar a activida de compresión lectora coa de producción escrita pareceume unha idea xenial, e tamén podería axudar a estes alumnos dos que falamos anteriormente, escribindo resumenes dos seus libros favoritos. É unha actividade moi interesante xa que os alumnos ven o feito de ter que leer un libro de forma obligatoria máis divertido, e volvemos o mesmo, estamos chamando a súa atención que o fin e o cabo é fundamental para motivalos. E outra vez máis unha actividade que ten como obxectivo a lectura acaba sendo unha actividade xenial para a producción escrita.

Para rematar, outra actividade que me gustou moito foi a do poema. Unha actividade tan simple que faga os alumnos poetas por un día e a ter a satisfacción de ver textos como un poema escritos por el nunha lingua que non é a súa.







1 comentario:

  1. É unha boa reflexión, moi completa e as viñetas que acompañan sempre están moi ben escollidas!

    ResponderEliminar