Buscar este blog

4ª Sesión Luz/Ana- Reflexión + Actividade


Esta sesión estivo dividida en duas partes. A primeira foi impartida pola profesora Luz e tratamos os temas de tutoría e os grupos PMAR e a segunda foi dirixida por Ana traballando CLIL e o papel dos auxiliares de conversación no centro.

Vou empezar falando das sesións de titoria xa que para min son fundamentais e en moitos casos non se lle da a importancia necesaria a esta hora semanal co titor e simplemente se dedica esa hora a estudio ou a facer deberes, cando se podería aproveitar moito máis. Na miña experiencia como alumna, as horas de titorias non eran nada aproveitables, xa que solo nos dedicabamos a acabar os deberes, falar entre nós, facer xogos na pizarra e algunha hasta a tutora aproveitaba para acabar a materia da súa asignatura... Pero menos mal que neste master tivemos unha asignatura dedicada expresamente a función do titor e as sesións tutorias e foi realmente útil. 

O papel do docente neste caso é moi importante e debería tratar estas sesións seriamente, falar de temas máis delicados e acercarse os seus alumnos. Tamén creo que se poderían facer estas sesións integramente en inglés pero quizáis en grupos de máis nivel como primeiro ou segundo de bachiller. Por outro lado, non me parece correcto que se suprima a hora de tutoria en segundo de bachiller, ahí é cando máis deberia facer falta para poder facer sesións de orientación para o futuro dos alumnos ou en último caso para que si que aproveiten o tempo para estudiar xa que estan moi apretados de tempo. 

Nestas sesións poderíase tratar unha infinidade de temas e como actividade proposta para aula penso que estaría ben que a comezos de curso, nas primeiras sesións se fixese "A constitución da aula". Esta actividade pode servir tanto como para grupos da eso como de bachiller xa que pode ser moi simple ou podemola complicar máis. de feito nos últimos cursos da ESO ou BACH incluso se podería facer esta constitución en inglés para deste xeito complicar un pouco a actividade. 
Podería desarrollarse de maneira que cada alumno escribise unha norma que lle gustaría que se cumplise na aula, unha vez que todos teñan a sua lei, fariamos un debate comentandoas todas e vendo a que lle dan máis importancia os alumnos. Finalmente entre todos poderíamos escoller as dez máis repetidas ou as que consideren máis importantes, escribilas nunha caritula e tela sempre presente na aula. 
Esta actividade podería funcionar moi ben cos alumnos de primeiro da ESO que acaban de vir do colexio e están acostumados a unhas normas diferentes e podería servir de adaptación a aula e o centro. 

Ademáis, buscando información sobre as sesións de titoria encontrei unha actividade que me pareceu moi interesante para tratar o traballo en equipo e ver que moitas veces as decisións tomadas en equipo son máis acertadas que as decisións de forma individual. Esta actividade chamase "El juego de la Nasa", tamén se podería levar a cabo a comezo de curso e con nivéis máis altos incluso se podería desarrollar en inglés.




Por outro lado tanto o tema sobre os grupos PEMAR e sobre a metodoloxía de Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras (AICLE) pareceronme moi útiles e de gran relevancia para a nosa formación. Co profesor Gonzalo xa falaramos de AICLE / CLIL polo que vou deixar o enlace a esas entradas de blog para non repetirme outra vez pero sigo pensando o mesmo que cando escribin esas entradas dous meses despois, pero me imagino que unha vez teña práctica e experiencia a miña opinón poida cambiar. 

Para rematar esta entrada quero falar do papel dos auxiliares de conversación. Pareceme que si fan a súa labor como é debido o seu papel é moi importante para o aprendizaxe dos alumnos, xa que se estan expoñendo directamente a lingua que estan aprendendo e dunha forma moi natural, sin duda a mellor forma para os alumnos. Baixo a miña experiencia docente, durante un trimestre tiven un auxiliar de conversación conmigo na aula, pero esta experiencia non foi nada gratificante nin para min nin para os meus alumnos. Eran clases de inglés extraescolar para a preparación dos examenes Trinity, que se basan 100% en comprensión e expresión oral, polo que o feito de ter unha persoa nativa na aula iba ser increible para o aprendizaxe dos alumnos. O problema que houbo foi que o auxiliar non tiña ningún tipo de interés en axudarlle os alumnos. A maioría das veces chegaba tarde ou directamente non viña e cando o facía molestaba máis que axudaba. Xa sei que non todos os casos son iguales pero si vas a outro país ensinar a túa lingua deberías ser comprometido co que fas e responsable xa que o fin e o cabo estas traballando polo ben de personas e podes axudar moito no seu aprendizaxe. A pesar de esta experiencia estou moi a favor de que haxa auxiliares de conversa na aula, xa que ten moitos máis pros que contras. 










2 comentarios:

  1. Ten en conta que en moitos cetros, cando o equipo de oerientación funciona ben, hai unha serie de temas que se propoñen para cada nivel, polo que é boa idea buscar actividades de titoría que encaixen neses temas, aínda que algún como a que propós de "Constitución" para 1º ESO sempre se poden incluir. Non funciona o enlace coa actividade de El juego de la Nasa, así que non puiden vela.

    ResponderEliminar
  2. Andrea, lin as túas entradas para Gonzalo sobre o tema CLIL e dame moitísima pena que recoñezas que aínda que nunca tivestes ningunha experiencia a este respecto, te manifestas en contra, e argumentas lugarcomúns do tipo "non aprenden nin unha cousa nin a outra". Asegúroche que non é certo. Igual necesitas experimentalo para cambiar de opinión. É certo que hai compañeiros que non están á altura, pero son unha excepción, non a norma. Do mesmo xeito que recoñecemos que somos nós os que temos que cambiar as cousas e non a tecnoloxía por si mesma a que cambia nada, tamén teríamos que ser nós os que lle déramos calidade a estes proxectos. Admitindo que faría falta máis orzamento, máis medios e máis formación máis incentivos, pero penso que esgrimir este argumento é o mesmo que dicir que non se debería axudar as ongs porque hai corruptos nalgunhas delas. E a excusa perfecta para non traballar.
    Espero que poidas facer as prácticas nun centro onde haxa seccións bilingües e os alumnos estean contentos.

    ResponderEliminar