Buscar este blog

2ª Sesión Luz- Tarefa


En esta entrada vai dedicada a sesión sobre producción oral coa profesora Luz. Traballaremos con unha actividade proposta a través dunha imaxe, que se podería usar como actividade intruductoria para unha unidade didáctica relacionada co tema "Holidays".

Para comenzar, proxectaremos a siguiente imaxe no taboleiro dixital e preguntaremos preguntas tipo "Do you know where is it?", Do you this could be a business trip?, etc. Unha vez que os alumnos xa digan que é unha fotografía en Londres, poderemos facer outro tipo de preguntas como por exemplo: What can you do in London?, What can you eat there?, What can you visit? Is there any tradition you know in that city/country?, é decir, preguntas relacionadas coa cultura ou coa cidade. 
Como é unha fotogafía persoal, dará máis xogo para os alumnos e crearalles curiosidade xa que lles estamos mostrando os alumnos un pouco da nosa vida persoal e eso xenera máis interés. 




A actividade principal será que por grupos que xa estarán previamente feitos polo docente, terán que falar dunha cidade donde eles veraneen, a sua cidade favorita ou simplemente a cidade na que viven, teñen libre elección, e falar sobre ela. Por exemplo se un amigo vai de visita, que lles enseñarían? donde os levarían comer? comidas típicas? ou se unha se se atopan unha persoa estranxeira pola rúa, que recomendacións lles darías sobre a tua cidade? 
O traballo non sería para facer só en unha sesión, xa que terían que recopilar imaxes e facer un poster sobre esa cidade da que van a falar. 

Penso que é unha actividade moi creativa e moi útil para os alumnos que tamén deben coñecer o seu entorno natural e facer tarefas e actividades que teñan que ver co mundo real. 


1ª Sesión Ana- Reflexión 




A primeira sesión coa profesora Ana tamén foi moi inspiradora e agradable como a de Luz. Ao acabar a clase volvín saír con esa sensación de que agora facer este master estaba tendo sentido e é unha lástima que tivésemos que esperar ata o final para pode sentirnos así. Da gusto poder ver docentes con tanta vocación como Ana e que transmitan tanto positivismo e ánimos para que nos levemos a cabo o noso futuro como docentes, xa que esta non é unha profesión tan fácil como parece, todo o contrario.  É unha sorte poder disfrutar do traballo que un fai e que lle encante e nótase como Ana o fai e disfruta del.  Todos os recursos, materiais e ideas que nos deu van ser moi moi úties para a nosa posta en práctica. 

Con Ana traballamos a comprensión oral e vimos diferentes actividades moi interesantes. Para comezar a sesión vimos actividades para o primer día de clase, xa que tamén era o primer día de clase con ela.  O warm-up "the chain" ou a bola de papel, xa os coñecia e de feito xa os usara na miña experiencia como docente e por suposto me parece unha moi boa actividade para o primer día de clase. Outra actividade ice breaking que tamén pode funcionar ben é the spider web, no cal en vez de lanzar unha bola de papel, lánzase un ovillo de lana ou de corda e vaise creando unha tela de araña porque os alumnos vano lanzando, tamén é verdade que a disposición da aula conta moito para facer unhas actividades ou outras.  Outro detalle sobre o tema de actividades dos primeiros días de clase que me pareceu moi importante e que temos que levar a raja tabla é que como docentes de inglés temos que conocer os nomes dos nosos alumnos, xa que non da moi boa impresión esquecernos de nomes ou preguntarlles, polo que debemos facer actividades que tamén nos axuden a nos a memorizalos. 

En temas de metodoloxía para traballar a compresión oral gustoume moito a actividade "show and tell" pareceme moi práctica e diferente polo que estou segura de que os alumnos mostraran moito máis interés en facela. Pero, sin lugar a dudas o meu gran descubrimento foi as diferentes formas que hai de facer un dictado salindo do método tradicional. Desde pequeniños cando escoitamos a palabra dictado vénsenos a cabeza o típico dictado no que o profesor recita e o alumno copia, pero a partir de agora estou segura de que cando teña a oportunidade vou aplicar todos estos tipos que aprendemos. Definitivamente o "running dictation" foi o meu favorito é o que penso que os alumnos disfrutan máis. 


Outro tipo de actividades que tamén me parece moi útil nunha aula de idiomas é aquela que implica música, xa que é algo que a practicamente todos os alumnos lles vai gustar e motivalos para aprender. O dossier de actividades de 25 formas de sacarlle partido a unha canción trae algunhas moi divertidas para traballar na aula.

Para rematar gustaríame mencionar o video que vimos en clase sobre "three word stories" que non coñecíame e pareceume moi útil para usar en clase con alumnos de cursos superiores, moi divertido e diferente para eles e outro método para traballar vocabulario e a comprensión oral.  Todas estas clases estan sendo de moitísima utilidade que de verdad van valer para o noso futuro e son as clases que máis nos estan motivando e quitándonos ese medo que nos meteron de que parece que nos vamos enfrentar a monstrúos. 





1º Tarefa Luz- Competencias


Nesta entrada de blog, centrarémonos en actividades que se poderían levar a cabo en clase nunha aula de idiomas e onde se traballarán diferentes competencias, como a competencia en comunicación lingüística, a competencia aprender a aprender, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor e conciencia e expresión cultural . Neste caso a clase desarrollaríase nunha aula de inglés de 4 de ESO, en 50 minutos e non tendría que ser para unha unidade didáctica en concreto.

Para comezar

Escribir no encerado: "______________ Story" e facer un brainstorming no cal os alumnos terán de decir que tipo de stories pode haber, por exemplo: sad story, love story, etc. e falar de que tipo de vocabulario nos poderíamos atopar en cada unha das diferentes historias, é decir, pois si ímos falar dunha horror story que adxectivos poderíamos usar.

Actividade principal  "What type of story is it?




Para o desarrollo da actividade principal daráselle a cada alumno unh papel de color diferente que poña "Once upon a time...". Haberá catro colores, azul, amarelo, vermello e verde e os alumnos de cada color terán que xuntarse, polo que haberá un equipo azul, un equipo amarelo, un equipo vermello e un equipo verde. Como xa conocemos o grupo que traballamos os equipos estarán feitos de maneira estratéxica. Despois de formarse os equipos, no taboleiro dixital poñerase unha táboa con diferentes adxectivos. Por exemplo: shock, cruel, lovely, sick, romance,  dark, sunlight, burning, afraid, flame, pain, heart, pretty, valentine, charm, torture, dear, stick, etc.
A actividade consiste en que en grupos teñen que crear unha historia creativa que comece pola frase que se lle deu no papel e escoller 4 palabras de esa lista proxectada. Posteriormente, unha vez finalizada a historia, cada grupo tendrá que leer a sua historia e os demais tratarán de adivinar que tipo de historia é cales son as palabras escollidas.

Para rematar

Para rematar a sesión e a actividade os alumnos ainda nos seus respectivos grupos terán que escribir posibles títulos para as historias e despois en unha posta en común en clase entre todos escolleremos un título para cada historia.



1ª Sesión Luz- Reflexión



Esta entrada do blog vai dedicada a unha reflexión personal despois de ter a primeira clase coa profesora Luz. Probablemente esta é a entrada que máis me vai gustar escribir, xa que por primeira vez neste master disfrutei cunha clase e sentin que a partir de agora todas as sesións con Luz e Ana van ser moi úteis e importantes para a nosa formación como futuros docentes. Desde o primeiro momento que empezou a clase penso que cada un de nos quedou en estado de shock, non sabíamos o que ía pasar e disfrutamos e atendemos ata o último minuto, pasousenos o tempo volando. Non é o mismo ter clase con personas que dan clase na universidad que con personas que traballan día a día con adolescentes e que nos poden falar da súa práctica. 

Gustaríame destacar varios puntos desta clase, como son o uso das tecnoloxías, o uso do tempo na aula e a metodoloxía.

No siglo no que vivimos estamos moi acostumbrados a traballar coas TIC (que agora se chaman TAC, algo que descoñeciamos) e o feito de que a profesora nos dixera que non íamos ter que usar o ordenador sorprendeunos pero positivamente. De todas formas si creo que o uso das tecnoloxías nunha aula de idiomas pode ser de moita axuda e neste master aprendemos moitas cousas que podemos levar a práctica e que son de axuda no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. 

Quizáis nos non lle dabamos tanta importacia o uso do tempo na aula e sorprendeunos moito que a profesora o tivese tan ben controlado. Temos que aprender a distribuír ben o tempo e sacarlle o máximo partido dandolle o uso máis efectivo.  A primeira actividade foi moi interesante xa que tiña un trasfondo que desconociamos e esa téctica penso que vai ser moi útil para a nosa práctica.  Estamos aprendendo moitas cousas novas que van ser de gran axuda para cando nos poñamos diante dunha clase. Eu vou usar seguro a actividade "Bellwork". 




Traballamos o concepto "warm-up",  baixo a miña experiencia como docente de inglés como actividade etraescolar, xa o coñecía e sempre que vou iniciar unha actividade nova comezo con unha actividade de este estilo e sempre procuro que teña que ver como tema que vamos a empezar. Tamén teño experiencia como profesor de inglés en educación non formal e cando preparabamos cada clase sempre que íamos cambiar de actividade ou cando veíamos que os alumnos estaban dormidos, para activalos faciamos un warm up ou energizer. Parécenme moi úteis e os alumnos sempre o agradecen porque salése do normal e volves conseguir a sua atención. Tamén vimos que é moi importante establecer rutinas, esto seino ben, xa que traballando con nenos pequenos é super importante establecer unhas rutinas na aula e cumplilas sempre. Fixemos unha actividade que xa tiven a sorte de poder levar a práctica. Esta semana tiven que empezar unha clase nova de inglés con alumnos de 5 de primaria e na primeira sesión empecei a clase coa actividade de 2 false 1 true. Xa sabía que os alumnos estaban traballando co tempo pasado asi que fixen as miñas frases usando este tempo para así poder intruducilo. A variante que fixen foi que despois de resolver a miña "true", dinlles a cada alumno un papeliño de color e mandeilles escribir a eles en tempo pasado 3 frases, 2 verdadeiras e unha falsa. Agora cada día que temos, un alumno sale o encerado e dice as súas frases e os demas fan preguntas e adivinan. De momento esta funcionando moi ben. 

O máis importante da sesión foi dedicada as competencias clave. Xa traballaramos con elas en outras asignaturas pero nunca nos chegaron a quedar demasiado claras e agora penso que naide ten dúbidas sobre este tema. Foi increíblmente útil poder ver diferentes actividades, recursos e ferramentas con cada competencia, noutra sesión deste blog poñerei en práctica diferentes actividades para as competencias. Pareceume moi curioso que con cousas como por exemplo poñer a data en inglés xa se esta traballando a competencia matemática.  Temos que saber usalas moi ben porque é fundamtal para os nosos futuros alumnos, eles tamén teñen que disfrutar mentras aprenden e deixar de lado xa dunha vez as aburridas clases de inglés polas que todos pasamos na nosa etapa escolar e motivar os alumnos con actividades que disfruten e de verdad vexan o importante que é a lingua extranxeira para poder comunicarse e para o seu futuro. 

Como conclusión, esta sesión e as que estan por vir van ser a clave deste master,  donde de verdad vamos aprender xa que vamos ver a reproducción real dunha aula de inglés en educación secundaria. 












(DIARIO) SITUACIÓNS E VARIABLES DE ENSINO DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS



Para empezar este novo tema sobre as variables que afectan o ensino das linguas estranxeiras, primero é fundamental saber diferenciar entre lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira. 
Todos pensabamos que tiñamos claro estes conceptos pero unha vez que nos puxemos a práctica tivemos as nosas dúbidas. 
Por lingua inicial entendemos que é a primeria lingua que se aprende desde pequeniños e adquirímola antes da etapa escolar e de forma insconciente. Lingua segunda é a que se adquire despois da lingua inicial e esta si se aprende xa na etapa escolar, emprégase como lingua vehicular, lingua administrativa ou como lingua de ensino. O que nos chamou a atención, é que o termo en inglés "second language" non ten nada que ver con segunda lingua, xa que en Inglaterra polo feito de ser monolingues non usan o termo lingua inicial, sin embargo en Galicia distinguimos entre lingua oficial e cooficial. Por lingua estranxeira entendemos que é aquela que se aprende soamente nun contexto escolar, cunha intención e unhs obxectivos claros e sendo conscientes de que a estamos a aprender. 




Entrando no tema das diferentes varibles cas que nos podemos atopar, temos que entender que para moitos estudiantes aprender unha lingua estranxeira pode ser unha experiencia enriquecedora ou non, depende de moitos factores. Estan as chamadas variables afectivas que son a motivación, a actitude e a ansiedade. Mentras que hai alumnos que estan moi motivados e aprenden dun xeito máis eficaz, hai outros que tamen poden estar motivados pero que teñen altos niveis de ansiedade e eso pode producir dificulates na sua aprendizaxe. 




Como vimos en clase e personalmente, penso que unha das variables máis destacables dentro das características do alumnado é o factor idade, xa que non é o mismo ensinar unha lingua estranxeira a nenos de tres anos que a adultos de 18. En clase traballamos as diferencias de ensinar a nenos e a adultos e claramente encontramos unhas cuantas. Baixo a miña experiencia traballando con nenos de infantil e primaria xa noto perfectamente as diferencias entre uns e outros a hora de dar unha clase de inglés, polo que imaxino que a diferencia con adultos ainda será moito máis notable.

Tamén vimos as diferentes etapas de idades e as suas características, son as seguintes:

(0-12 meses) Idade Inicial: nesta etapa falamos de bebes polo que teñen moita máis riqueza perceptiva e tratánse sonidos, non palabras.

(1-6 anos) Idade Gloriosa: os nenos caracterízanse por imitar e este feito dase ata os 8 anos o que lles permite aprender unha lingua e aprenden moito máis rápido, pero deste xeito tamén olvidan moito máis fácil. A exposición a lingua estranxeira debería ser dunha forma constante.

(7-9 anos) Idade Crítica: nesta idade os meniños xa contan con un gran desenvolvemento cognitivo e son capaces de reproducir frases mais complexas e longas. 

(10 anos) Limiar Fatídico:  aquí o proceso de imitación xa non é tan eficiente como nas idades previas e a lingua inicial convértese nun filtro polo que ten máis dificultades para correxirse.

Como futuros docentes, cando sexa a hora de poñernos á práctica diante de alumnos teremos que ter en conta todas estas situacións e varibles que nos poden acontecer na aula e estar sempre dispostos a adaptarnos da mellor forma posible encontrando sempre solucións que nos favorezcan a nos tanto como o alumnado. 




Benvidos de novo o blog!! 

A partir de agora este blog formará parte da asignatura de Didáctica para as Linguas Estranxeiras.  Esta primeira entrada (dosier) vai dedicada as sesións co profesor Gonzalo Constenla.