Metodologías pedagóxico- didácticas: Sesión virtual
En esta entrada vamos traballar duas actividades segundo métodos pedagóxicos diferentes. Primeiro faremos unha breve introducción sobre os métodos que existen para traballar na aula e posteriormente centrarémonos particularmente en dous. Os diferentes enfoques metodolóxicos que existen no proceso ensinanza-aprendizaxe de linguas estranxeiras como xa vimos na entrada diario do tema 7-8 son:
- Gramática e tradución
- Directo e natural
- Oral e situacional
- Por tarefas
- Audiolingüe
- Comunicativo
- Resposta física total
- Do silencio
- Suxestopedia
- Método comunicativo mellorado (Zoltan Dörnyei)
- Por proxectos
Como vimos non hai un método que sexa o mellor, pero si a combinación de varios métodos pode crear un aprendizaxe de éxito. As metodoloxías son parte fundamental no como os aprendizaxes son entregados, sendo estas quen dan estructura e organización do que se prentende ensinar pero non son as responsables de que un idioma (no meu caso o inglés) se aprenda ou non, xa que o estudiar certas metodoloxías vimos que cada unha tuvo unha forte influencia en diferentes época e que teñen características que as facía mais válidas e efectivas e moitas delas siguense usando hoxe en día.
A adquisición dunha lingua é o proceso inconsciente do desarrollo natural e isto sucede con cada lingua materna pero para a obtención dunha segunda lingua necesítase dun aprendizaxe de diferentes procesos, mendiante os cales se pode aprender as regras e estructuras deste idioma novo que se esta a aprender. Polo que a primeira actividade que vou desarrollar será mediante o método directo e natural.
Qué é o método directo e natural?
Neste método daselle importancia a lingua que vamos ensinar en situacións comunicativas, evitando o uso da lingua materna o máximo posible nin si quiera para explicacións gramáticas. Tamén se lle da unha gran importancia a comprensión e a comunicación do significado dos enunciados. O proceso de aprendizase será nun ambiente adecuado na aula favorecendo que se produzca de maneira satisfactoria a adquisición desta segunda lingua. O papel do alumnado consiste en aportar información sobre as súas necesidades e obxectivos para que as actividades de adquisición se adecuen a eles. O profesor tendo previamente acordado cos alumnos estas necesidades, decidirá a cantidade de tempo que se lle dedicará as diferentes actividades de aprendizaxe. Este enfoque esixe un papel do docente mais central que en outros métodos, xa que terá que desempeñar tres funcións, unha na que é a fonte principal de aducto comprensible na lengua meta, para o cal debe xerar un fluxo constante de información de entrada lingüística e proporcionar unha gran variedade de apoios extralingüísticos que faciliten sempre a interpretación e facendo o posible por crear un ambiente relaxado na aula; tamén é o responsable de seleccionar e organizar actividades variadas e adaptadas aos contidos e contextos e para eso terá que escoller o material máis adecuado as necesidades e intereses do alumnado.
Resumindo, o obxectivo principal de esta metodoloxía é que o alumnado comprenda a lengua obexecto de aprendizaxe e que poidan expresarse dunha forma aceptable e sexan capaces de saír a fora a outros países e poidan saber comunicarse con outras persoas de esa fala.
Para desarrolar unha actividade segundo esta metodoloxía vamos imprescindir dos libros de texto e centrarémonos na comunicación entre o docente e o alumno, xa que o diálogo é fundamental para o aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Tamén incluiremos as TIC, os ordenadores e as pizarras dixitais, xa que se farán actividades de compresión lingüística, como listenings para practicar a pronunciación. As actividades que faremos son fruto a unidade didáctica que tiven que facer para este master e irán dirixidas a alumnos de primeiro ciclo de educación secundaria.
A primera actividade de esta sesión serían preguntas o alumnado tipo "How are you?" "What do you do in your free time?" , etc. e preguntas de tipo mais complexo e desta forma xa estaríamos evaluando o alumando e o seu papel sería activo. Posteriormente faríase unha actividade de práctica de conversación, xa que os alumnos estarían vendo o tema de alimentación e restauración o que terían que facer é crear situacións por parellas ou grupos da vida cotiá na que unhos fagan de camareiros e outros de clientes e tendrán que representalas diante de todos os alumnos mentras que os demais compañeiros que estan vendo a escenificacion tendrán que anotar nos seus cadernos as frases que consideren mais relevantes a hora de ter esa situación na vida real.
Con estas actividades e usando este método o alumno estaría traballando as caotro destrezas en lingua inglesa, enfatizando a práctica oral e a pronunciación con un rol do estudante activo onde é el en todo o momento o protagonista do seu aprendizaxe.
Outro método de ensinanza que usariamos para a siguiente actividade sería o enfoque gramtica-traducción.
Qué é o enfoque gramática-traducción?
Este metodo baséase na ensinaza dunha segunda lingua no analise detallado das regras gramaticais e as suas excecións para despois aplicar os coñecementos adquiridos. Sempre se usa a lingua materna como sistema de referencia para adquisición da segunda lingua. O aprendizaxe da gramática e deductivo, é decir, presentase unha regra que se explica e memoriza e despois practicase en exercicios. O principal obxetivo é adquirir as destrezas de leer e escribir na lingua aprendida. O papel do docente é o protagonista do proceso de ensinanza-aprendizaxe, a sua función consiste en proporcionar os coñecementos lingüísticos e correxir os erros producidos polo alumnado. Polo contrario o alumnado ten un papel pouco participativo, limítase a seguir as instruccións do docente, memorizar regras e listas de vocabulario.
A actividade proposta para este metodo sería un exercicio donde os alumnos tendrian que completar os espazos en branco conxugando os verbos. Este exercicio faríase despois de que o proesor fixera unha explicación teorica sobre o presente simple e o presente continuo en ingles.
Como vemos, estos dous enfoques son totalmente diferentes, contradicense no proceso do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira. Pareceume moi interesante traballar con estos dous métodos para poder ver as suas diferencias.
















