Buscar este blog

Tema 7-8 (Dosier) O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna. // As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas non- europeas. 




Nesta entrada vamos falar dos temas 7 e 8, como os enfocamos en clase e das presentacións que se fixeron en relación cos conceptos que se tratan nestos dous temas, que se basan na metodoloxía das linguas estranxeiras en Europa e de forma global. 
Esta foi a última sesión da asignatura "As lingas estranxeras no contexto Español e internacional" e para comeza a sesión acabamos o 6 cunha actividade de pirámide sobre a conexión entre as asignaturas de linguas nos centros educativo. O debate foi moi sinxelo xa que baixo a experiencia de todos nos na nosa docencia nos institutos os que fomos en ningun caso os profesores estaban coordinados ou nin se quiera cooperaban, polo que parecían que eran asignaturas aisladas que non tiñan que ver nada unhas cas outras e o final acababamos repetindo contidos pero en diferentes linguas. Pareceme unha pena que entre profesores de linguas non traballen conxuntamente, poderían favorecer gratamente a ensinanza de todas as linguas e literaturas facendo o aprendizaxe moito mais ameno, evitando repetir contidos e tamén facilitando o aprendizaxe de outras das linguas . 

Seguidamente fixemos outra actividade por grupos coa técnica puzzle, na cal cada grupo tiña que elixir unha unidade dun libro de texto que estaba na plataforma faitic. Unha vez que cada grupo tiña a sua unidade o que había que facer era que cada membro do grupo escollera unha sección (vocabulario, gramática, expresión e comprensión lectora e oral) e traballar con ela, analizando os exercicios de esa parte en particular. Cando cada membro do grupo acaba de analizar a sua parte o que había que facer era comentar entre todos os membros o que había atopado de cada sección. Despois, xuntaronse os membros dos diferentes grupos pero agrupados por seccións, é decir, os de vocabulario xuntos, os de gramática xuntos, etc. e comentamos as diferencias que había entre cada un dos libros de texto, vendo as diferentes formas de enfocar a lingua estranxeira. No meu caso tiven que traballar a parte de fonética e pronunciación e no libro que escollemos non se lle daba moita importancia a esta competencia, de feito so había un exercicio especifico de isto e pola contra, no libro de outra das compañeiras si que lle daban moita mais importancia, tendo sete exercicios de esa unidade só para esta competencia. Unha vez que todos los membros dos grupos comentaron a súa sección o que fixemos foi comentar todas as seccións e os puntos de vista de cada grupo entre todos. Esta actividade foi moi útil xa que obriga a traballar a todos os membros dos grupos dunha forma colaborativa e cooperativa e aprendemos todos de todos, e tamén foi moi curioso ver como dunha mesma asignatura, neste caso lingua inglesa, haxa diferentes enfoques nos libros de texto, ver que para unhos unha competencia é mais importante que outra e que despois o docente na clase sempre acaba valorando mais a competencia escrita e só se fan os exercicios do libro que teñen que ver con reading ou writing e é unha pena que non se traballen todas as compentencias tendo a oportunidade de facelo, ou incluso que non se lle de mais importancia a competencia oral que o fin e o cabo é o que mais fai falta para poder comunicarse con xente doutra fala. 

Para seguir coa clase despois do debate e da actividade puzzle, varias das compañeiras de clase fixeron as súas presentacións relacionadas coas teorias destes dous temas. Foron moi interesantes e tamén aprendemos moito delas. Vimos diferentes tipos de metodoloxías  que nos foron de moita axuda para unha das actividades que temos que facer que estará na siguiente entrada de este blog e onde trataremos estos enfoques didácticos. Unha das metodoloxías que mais me chamou a atención foi a do silencio que defende a postura do docente na que debe manter unha actitude de silencio fronte o papel activo do alumnado, non a coñecía e pareceume moi curiosa a hora de levar a práctica. Sin embargo a prensentación da metodoloxía por proxectos pareceume a mais axeitada e a que penso que debría ter maior éxito no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado.  

Segundo a miña perspectiva, unha boa metodoloxía non sería só escoller un único método senon que sería aquela que combine todos os tipos de ensinanza, aprobeitando os puntos positivos de cada unha das diferentes metodoloxías e adaptandoa a situación e o tipo de alumando e sobre todo unha que sexa cooperativa e que deixe atrás a escola tradicional. Como futuros docentes temos que botar mao de todos os recursos que temos a nosa disposición e do mundo das tecnoloxías facendo que o paso polo sistema educativo dos alumnos sexa unha experiencia enriquecedora e salgan preparados en todas as competencias para o seu futuro. 







Para concluír, mencionar os PowerPoints dos respectivos temas, sobre todo o que me chamou mais a atención, "o ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna", que fala sobre os informes Pisa e compara o sistema educativo español cos sistemas con mais éxito de Europa. Neste informe Pisa (Programme for International Student Assessment) levase a cabo pola OCDE, que é a encargada de facer a probar a estudantes e través das cales se pode analizar o rendimento destes. Segundo este informe, España non ten bos resultados académicos e sin embargo, como todos sabemos, Filandia esta no primeiro posto, como o mellor sistema educativo Europeo. España debería seguir o exemplo de este país para conseguir os mesmos resultados e gozar dunha educación de calidade. Que esta fallando aquí para que isto non pase? Hai moitas respostas para esta pregunta pero poucas solucións.












No hay comentarios:

Publicar un comentario