Buscar este blog

Tema 6 (DOSIER). Metodoloxía CLIL/AICLE





Esta entrada de dosier vai facer referencia o tema 6 que trata as metodoloxías en linguas estranxerias: CLIL/AICLE. As siglas CLIL en inglés, significan Content and Language Integrated Learning, AICLE en galego, Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Estranxeira.  Primeiro farei unha pequena introducción a este método que era descoñecido para nos e despois de esta clase, parecenos algo moi interesante a tratar. 

Este tipo de metodoloxía naceu en 1994 cun obexectivo claro,  seleccionar boas prácticas de aprendizaxe de idiomas aplicando estes idiomas en contidos de outras áreas. Basease no aprendizaxe integrado de contidos en lingua estranxeira, é decir, ensinar matemáticas ou calquera outra materia pero en lingua estranxeira. ¿Isto ten ventaxas para o alumnado? Trátae de que o aprendizaxe dunha lingua se leve a cabo dunha forma máis natural, creando un contexto no que estos poidan aprender novos contidos e o mesmo tempo que practiquen e melloren as súas destrezas nesa lingua estranxeira que é o obxecto de aprendizaxe e que os alumnos vexan que a lingua que estan aprendendo é unha boa ferramenta de comunicación, provocando así unha actitude positiva no alumnado.

Para comezar este tema en clase, a primeira actividade que fixemos foi un debate pirámide, unha actividade que esta resultado moi útil xa que é nos permite a todos dar a nosa opinión, respetar as opinións dos demais e aprender todos de todos. Neste debate falamos de cales son as diferencias entre un centro plurilingüe e bilingüe e chagamos a conclusión de que en un bilingüe as materias que un profesor imparte son como mínimo o 50% na lingua estranxeira e un centro plurilingüe, decide que unha ou varias materias se impartan o 100% na lingua estranxeira, integrandose na metodoloxía CLIL. 

Posteriormente, fixemos outra actividade na que tiñamos que leer un documento que estaba na plataforma faitic e comentar que era o que nos parecía máis ou menos relevante a cerca de dito documento que falaba sobre o plan Edulingue. Isto é un plan de educación para o cal a conselleria de educaciñon destina case 70 millóns para estender o plurilingüismo  a 200.000 alumnos e promover o seu ensino integral desde infantil ata a universidade. Este documento foi bastante discutido en clase xa que todos coincidimos que é un plan subrealista, preténdese facer en dous anos o que se tiña que haber feito fai moito tempo. Un dos grupos deille máis importancia a implicación das familias e a inmersión no estranxeiro, quere decir, que é moi importante que as familias apoien os seus fillos na educación de idiomas pero se os pais non aprenderon idiomas por diversos motivos non os podemos obligar a facelo ahora para axudar os seus fillos, ou se os pais non consideran tan importante o aprendizaxe de  linguas tampouco podemos forzalos a cambiar esa mentalidade. Si consedero que a inmersión no estranxeiro é moi importante, de feito considero que debería ser algo obligatorio para os alumnos en algun curso do seus anos académicos  e non quero decir que se teñan que ir un ano estudar o estranxeiro senón que se deberían facer máis intercambios nas escolas entre alumnos de diferentes nacionalidades. Tamén se dixo que o bacharelato de excelencia con alumnos que poden chegar o B2 é moi interesante pero sen embargo o docente so ten un C1. Por outro lado, pensase que este plan é moi ambicioso e é imposible de levar a cabo no plazo que queda para cumprilo e por outra parte é imposible que en unha clase os alumnos poidan seguir a clase sendo en idiomas como ruso ou chinés que non estiveron implantados nas escolas nin foron impartidos nunca por docentes. Ademáis que o inglés non é a única lingua que hai no mundo, estaselle dando demasiada importancia e baixo o meu punto de vista, o inglés é tan importante como o galego o calquera outra lingua. 

Como estivemos vendo, o sistema educativo galego implantou desde xa fai tempo unha rede de institutos plurilingües e outros bilingües. Por un lado, esto require profesores que esten formados en linguas estranxeiras para ser capaces de impartir a sua especialidade noutro idioma e poder proveer a formación e os recursos necesarios para que esto se poida levar a cabo con éxito. Pero, ¿hai recursos suficientes para isto? Non podemos facer que profesores que levan toda a vida impartindo a sua materia de especialidade nun idioma o fagan ahora en outro que quizáis desconozcan e non poden empezar a aprender un idioma no que teñen que impartir clase, ¿Isto favorece en algo o alumnado? Non van aprender nin unha cousa nin a outra. Esta moito mellor a idea de traer máis auxiliares de conversación pero non só para a clase de idiomas, senón para esas materias que se queren impartir en linguas estranxeiras. Necésitanse docentes nativos especializados en unha área en concreto. 

Despois de finalizar este debate, chegamos a conclusión de que a solución sería completar o número de horas de lingua estranxeira e que os profesores esten máis en contacto coas linguas, xa sexa facendo eles inmersións lingüisticas no estranxeiro ou formándose en idiomas. Con estos cambios podemos ver que hai un gran compromiso da sociedade en canto a ensinanza de linguas estranxeiras pero temos que ser realistas que ainda vamos uns pasos por detras do resto da comunidade Europea. 

Para concuír esta clase e este tema, tivemos a sorte de ver unha moi boa presentación da nosa compañeira Lorena sobre a metodoloxía eTwinning. Mostrounos un proxecto moi interesante que ganou o primerio no ano 2017, no que dous colexios un de francia e outro de Peñíscola traballaron xuntos nun traballo interdisciplinar entre as asignaturas de francés de segunda lingua estranxeira e biloxía, física e química, lingua e literatura castellana, matemáticas e debuxo, no que os alumnos en todo momento foron os protagonistas do seu aprendizaxe. Un traballo increíble que ojalá se fixera en máis centros, xa que é unha moi boa forma de motivar o alunmo e de aprender estando en continúo momento coas linguas estranxeiras.









No hay comentarios:

Publicar un comentario