Buscar este blog

Tema 7-8 (Diario) O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna. // As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas non- europeas. 


Como vimos na entrada anterior, dosier, hai diferentes enfoques metodolóxicos no proceso de ensinanza- aprendizaxe das linguas estranxeiras. Ainda que en moitas aulas ainda se poden ver docentes impartindo clases co método tradicional, no cal o alumno so fai un papel de ointe e toma apuntes e o profesor dedícase a dar unha clase maxistral, non creo que este sexa o mellor método para ensinar linguas estranxeiras, o alumnado debería estar en continuo momento o contacto da lingua que esta a aprender e si pode ser de forma natural en situacións do día o día sería ideal. Vivimos nunha era na que non é fácil manter o alumnado motivado e moitos docentes non axudan a este proceso senon que o empeoran xa que non fan ningún esforzo para mellorar a educación en linguas estranxeiras, facendo que este aprendizaxe sexa o mais éxitoso posible. É un tema moi complicado no que xa se fixo un gran avance pero ainda así, con respecto a outros países Europeos vamos moi atrasados. Despois de esta pequena reflexión personal vamos a comenzar cunha explicación dos diferentes métodos de ensino aprendizaxe, que son os seguintes:

  • Gramática e tradución
  • Directo e natural
  • Oral e situacional
  • Por tarefas
  • Audiolingüe
  • Comunicativo
  • Resposta física total
  • Do silencio
  • Suxestopedia
  • Método comunicativo mellorado (Zoltan Dörnyei)
  • Por proxectos

Estos métodos reflexan diferntes períodos históricos na ensinanza de linguas estranxeiras, reflexan as circunstancias filosóficas, sociaís, políticas, científicas e tecnolóxicas e tamén os intereses predominantes de cada época. Os enfoques conductistas como o oral ou situacional e o método audiolingüe, predominan procedimentos que prentenden controlar a conducta lingüística dos estudantes a través da imitación, a repetición e a ecercitación mecánica co obxectivo de formar hábitos. Sin embargo os métodos constructivistas, como o enfoque natural atende máis as necesidades cognitivas e afectivas dos estudiantes para formalos como seres sociaís e integrados. Ahora vamos analizar brevemente cada enfoque vendo as súas diferencias.


  1.  Gramática e tradución: segundo este método a lingua oral non ten tanto valor como a lingua escrita. Naceu en Alemania e estivo presente en Europa entre os anos 1840 e 1940. Basaséase na memorización, na aprendizaxe de regras gramáticais, na traducción, na literatura, na lectura e na escrita. O seu obxectivo principal é a adquisición das competencias de expresión e compresión escrita, mellorando a capacidade traductiva do alumnado e outra das suas características é que as clases impartense na lingua materna do alumando.
  2. Directo e natural: este método tamén se coñece como "Método de Gouin"  e defende que as linguas deben ser aprendidas a través de situacións e temas que presenten a lingua oral dandolle moita importancia a mímica e a xestualidade. O método directo, no aprendizaxe da segunda lingua faise como si esta fose a lingua materna do alumnado e as clases danse exclusivamente na lingua obxecto de aprendizaxe. Non se traduce nin se explica, simplemente actúase e aprendizaxe faise a través de preguntas. 
  3. Oral e situacional: este método é unha continuación do método directo, aquí a aprendizaxe da segunda lingua comeza coa lingua oral e nas clases só se emprega esta lingua. Realízase unha síntese de vocabulario e gramática e a lingua escrita só se introduce cando o alumnado ten o nivel suficiente. 
  4. Por tarefas:  este método é quizáis o mais coñecido, realízase a través do desenvolvemento dunha tarefa ou actividade que ten un fin concreto. O alumnado xoga un papel activo e de toma de decisións e o papel docente é simplemente de controlar o proceso de aprendizase e suxerir solucións a posibles problemas. 
  5. Audolingüe: este método tamén se coñece como "Método Fries" e baséase nunha exposición de contidos lingüísticos que se contrastan coa lingua materna. A aprendizaxe lévase a cabo a través de exercicios de memorización e repetición e os materiais que se usan na aula son audiovisuais. 
  6. Comunicativo: este método pretende desenvolver as competencias comunicativas do alumnado, é decir, a expresión e compresión oral que o fin e o cabo é o que necesita o alumnado para poder comunicarse con xente de outras linguas.
  7. Resposta física e total: tamén coñecido como "método Asher" e baséase en que o noso cerebro ten unha función biolóxico que permite aprender calquera lingua. O papel do docente é meramente dar direccións o alumnado e non se usa ningún tipo de material de texto na aula.
  8.  Do silencio: tamén coñecido como "método Gattegno" e defende que o docente debe manter unha actitude de silencio frente o papel do alumnado que é totalmente activo. Para a axudar o alumnado a comprender o que ten que facer o docente pode tempregar cores, cartutlinas, ou elementos visuais. 
  9. Suxestopedia: tamén coñecido como "método Lozanov" e defende que é o alumando aprende cando esta en situacións relaxadas e de tranquilidade e non cando ten nivéis altos de ansiedade.
  10. Método comunicativo mellorado: este método dalle a maior importancia a interacción como medio e como obxectivo final no aprendizase dunha lengua, é decir, o proceso comunicativo será o factor mais relevante e fai que os alumnos usen a lingua de aprendizaxe nunha gran variedade de contextos. 
  11. Por proxectos: a súa finalidade é contextualizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe dentro dun proxecto e desta forma o alumno ten unha experiencia que o involucra nun proxecto siginificativo mendiante cal vai ser capaz de desenvolver as súas capacidades, habilidades, actitudes e valores. 

Como podemos ver despois de analizar estes diferentes métodos no ensino-aprendizaxe das linguas estranxeiras, cada método responde a un obxectivo e cada un ten as súas ventaxas e desventaxas. Na siguiente entrada deste blog analizarémos en máis profundidade duas de estas metodoloxías. 





 

























1 comentario:

  1. Boas Andrea!
    Paréceme moi interesante a presentación que fas nesta publicación sobre as diferentes metodoloxías. Mais, que método ou métodos cres que serían máis axeitados para ti?
    Un saúdo!

    ResponderEliminar