3ª Sesión Luz- Tarefa
A actividade de esta sesión baséase nun exercicio de producción escrita no cal os alumnos empecen na aula e acaben na casa. Esta actividade estaría preparada para alumnos dun nivel medio-alto, xa que vamos usar as condicionais. Non sei exactamente en que curso se empezan a dar pero este exercicio valdría como apoio ou reforzo para aprender a usar as condicionais e o mismo tempo como exercicio de producción escrita. Ó mismo tempo é unha actividade que esta relacionada coa realidade e a súa vida cotiá polo que eles deberían poñer máis interés.
Trátase dunha actividade que consiste en dar consellos a amigos ou compañeiros que están en situacións delicadas. Todos tivemos na nosa vida algún momento así no que nos implicamos nalgún problema dun amigo e necesita da nosa axuda.
Para comezar coa actividade faremos un exercicio pre-actividade. Faremos a seguinte pregunta na aula "Estivestéis algunha vez en problemas e por iso necesitastéis a axuda dun amigo que vos aconsellara que facer? Por exemplo, algunha vez lle fixestéis dano a alguén e despois non sabíades se confesarlle o que fixéisteis ou non decir nada?" Aquí deixariamos que os alumnos falaran e contasen as súas experiencias persoais e facer na pizarra un brainstorming con ideas de problemas que poden xurdir, por exemplo: problemas co teu mellor amigo, coa túa parexa, no supermercado, coa tua familia, etc.
Seguidamente para comezar coa actividade daríalle os alumnos unha ficha con problemas da vida cotiá e trataríamos de encontrarlle solucións entre toda a clase. Posteriormente dividiramos a clase en parexas. A actividide principal que eles terían que facer na clase sería que cada membro da parella escribise unha situación problemática que necesite un consello ou solución.
Para continuar coa actividade na casa, os membros das parellas intercambiaríanse os problemas e o que deberían facer sería darlle unha solución, un consello de amigo, usando verbos modales ou estructuras xa traballadas na aula como por exemplo: If I were you...., I would recommend you to..., You should/shouldn´t..., etc.
Despóis na siguiente clase comentaríamos algúns dos problemas e solucións e ver outras opinións.
Penso que unha actividade que lles podería resultar moi útil xa que poden falar de problemas que lles pasaron ou polos que estan pasando e ademáis co feito de que teñen que escribir unha solución estamos potenciando a súa creatividade.

Recorda a diferencia entre exercicio e actividade. Esta é unha actividade, non un exercicio!Ti usas os dous términos indistintamente, e son moi diferentes. A actividade está ben, xa que da a opción de meterse en temas máis persoais ou quedarse en problemas máis cotiás, según cada quen prefira.
ResponderEliminar