Buscar este blog

Sesión debate 


Nesta última sesión debate tratamos diferentes temas como foron: 
  • O uso da lingua materna na aula.
  • O uso das tecnoloxías na aula.
  • Deberes si ou no. 
  • As características dun bon profesor. 
A verdade que é unha pena que se acabe esta parte do master que tanto estabamos disfrutando pero esta sesión foi moi interesante para compartir diferentes puntos de vista e da que tamén aprendemos moito.  Creo que máis ou menos estivemos todos de acordo con todos os temas. Todos coincidimos que o uso da lingua materna debería evitarse no máximo posible, xa que os alumnos teñen que estar expostos a lingua que están aprendendo na maneira do posible. A lingua materna podería usarse en casos especiais por exemplo cando a algún alumno hai algunha explicación que non lle quedou clara e ainda que intentaramos de diferentes formas explicarllo máis veces, sigue sen quedarlle claro, ahí si que vexo posible o uso da lingua materna. Na miña experiencia como docente de inglés extraescolar, estamos obligados a usar a lingua inglesa en todo momento, e dou clases desde nenos de 3 anos hata nenos de 11, esta claro que hai un abismo na diferencia de idade e niveles pero sempre e quizáis cos alumnos de 3 anos non podo falar con eles íntegramente en inglés pero cos de 4 e 5 xa se van acostumando e podo facer o 60% da clase en inglés e é moi gratificante ver como despois dos meses ves como os teus alumnos cada vez entenden máis e podes ir disminuíndo o uso do español na aula. 

Por outro lado, tanto o uso das tecnoloxías como os deberes están moi ben pero sempre na sua xusta medida. Non podemos abusar dos deberes, claro que hai que mandalos pero para reforzar o aprendido na casa non para explotar os alumnos e que non teñan tempo libre, eles tamen teñen que desconectar e facer outras cousas que non sexan exercicios e máis exercicios. O que consiguen os profesores que mandan deberes sin fin e aburrir os alumnos, porque por un lado vai haber alumnos que non farán nin o primer exercicio, alumnos que farán dous ou tres e moi poucos os farán todos, e non vexo cal que é o punto positivo en eso ou en que esta favorecendo os alumnos. 






O mesmo pasa co uso das tecnoloxías na aula, temos que adaptarnos os tempos nos que vivimos pero igual que dixen na entrada anterior non vale de nada poñer exercicios na pizarra dixital e facelos, eso non é un bo uso das tecnoloxías nin innovación, polo que tamén hai que saber usalas e tampouco abusar delas. Temos infinidad de recursos, materiais e actividades moi lúdicas e motivadoras para o alumnado que podemos compaxinar co uso das tecnoloxías. 

Por último, encontrei unha imaxe que para min sintetiza perfectamente as características dun bo docente: 
  1. Motiva o aprendizaxe
  2. Escoita
  3. Os exámenes son positivos
  4. Preocúpase polos seus alumnos
  5. Prepara as clases
  6. Resolve dudas
  7. Mantén unha actitude aberta e amigable
  8. Exerce por vocación
  9. Coñece e domina a materia
  10. Axuda a pensar
  11. Potencia a creatividade
  12. Utiliza recursos audiovisuais, dixitais...
  13. Fai que os alumnos disfruten na aula
  14. Mantén a atención
  15. Propón, non impón
  16. Gana o respecto dos alumnos 
  17. Valora os progresos dos alumnos






3 comentarios:

  1. Moita sorte nas túas prácticas e a polos 17 puntos!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Luz, xa puiden poñer en práctica algunhas das vosas actividades e a verdad é que funcionaron moi ben!!!

    ResponderEliminar
  3. Alégrame que pideras poñer en práctica algunha das actividades e que resultaran proveitosas! Tes posibilidade de traballar en sección bilingüe?

    ResponderEliminar