Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta tema 4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tema 4. Mostrar todas las entradas

Tema 4 (DIARIO) 




Este tema, como vimos na entrada dedicada a dosier, vai dedicado o deseño currícular, algo que é moi importante no noso aprendizae e para levar a cabo como futuros docentes. É imprescindible ter en conta o currículo para saber que contidos temos que impartir na aula e as competencias básicas que debe desarrollar o alumnado para que este teña unha educación de éxito e un proceso de aprendizaxe-ensinanza de calidade e conseguir así os obxectivos marcados para cada etapa educativa. 

Foi unha sesión moi interesante xa que vimos como se pode dar clase de diferentes formas e tratar os contidos teóricos de forma colaborativa e traballando en grupo aprendendo uns dos outros e así mesmo aprendendo buscando información nova. 

O documento Google Docs co que traballamos tamén me pareceu moi útil xa que se trataban temas que descoñecia e o feito de comentar todos os puntos entre todos en clase facilitou moito máis a comprensión desde apartado teórico. É un documento do que sempre poderemos botar man cada vez que teñamos algúnha dúbida con respecto a este tema do diseño currícular en especial nas linguas estranxeiras na Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato.






Tema 4 (DOSIER). O deseño curricular: o currículo; elementos do currículo; as competencias no currículo; graos de concreción curricular; as linguas estranxeiras no currículo da ESO e do Bacharelato; as linguas estranxeiras no currículo da FP; as linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de réxime especial. 


A partir de agora as entradas a este blogue serán das clases do profesor Gonzalo. Os temas estarán divididos en duas entradas, unha chamada "dosier" e outra "diario".  Nas entradas dosier presentaránse os resultados finais das tarefas realizadas na aula e nas entradas referidas a diario faremos unha reflexión sobre o contido e a avaliación do proceso de aprendizaxe. 



Esta entrada dosier correspóndese co primeiro día de clase co profesor Gonzalo Constenla, o día 28 de novembro. A primeira parte da clase dedicouse a unha presentación do docente, dos contidos que imos a tratar, os traballos que temos que realizar e os métodos empregados para a avaliación da materia. 

Co remate da presentación e para comer a clase fixemos un debate sobre "a pirámide". Esta actividade desarrollouse de xeito que primero por parellas debatian sobre o tema, despois entre catro personas e finalmente entre oito para chegar a un consenso e finalmente comentar na clase cal era o resultado do debate. Neste caso "a pirámide" trataba sobre cal creíamos que eran os temas máis importantes desta materia que nos faltaban por ver. As opcións que tiñamos eran as seguintes: 

4. O deseño curricular
5. As programacións didácticas.
6. Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüisticos de centro (PLC).
7. Metodoloxías en Europa e no mundo. 

No meu grupo por parellas chegamos o acordo de que o tema máis útil para nós como futuros docentes era o das programaciónd didácticas, xa que pensamos que é moi importante saber como estan estructuradas e como elaborar unha boa programación didáctica pensando sempre no mellor aprendizaxe do alumnado. Cando nos xuntamos con outra parella para debatir a sua opinón coa nosa, elas tamen pensaban o mesmo e dabanlle a mesma importancia pero o desacordo chegou cando nos xuntamos oito personas, xa que para o  resto era moito máis importante coñecer as metodoloxías en Europa e no mundo, xa que España é conocida polo déficit en aprendizaxe e no resto do mundo hai países que son coñecidos polo seu éxito en educación, entón sería importante coñecer as demáis metodoloxías para poder mellorar as nosas e ver en que fallamos ou que non facemos que as demáis sí. Cando chegamos o debate con toda a clase, cada grupo daballe un valor diferente a cada tema a tratar, todas as opinións e argumentos tiñan sentido. Pareceume unha actividade moi útil xa que nos fixo reflexionar e fomentar o espíritu crítico e respetar as opinións dos demáis compañeiros. 

Ao rematar esta actividade, realizamos outra tarefa de debate pero neste caso tiñamos que debater en grupos de catro algúns puntos principais do tema catro que fai referencia ao deseño curricular, definición de currículo, elementos curriculares ou as compentencias do currículo.  Para continuar fíxemos unha actividade que resultou ser moi útil e amena, esta actividade levouse a cabo coa aplicación Kahoot. Unha aplicación gratuita que se basa en cuestionarios nos que o docente é o moderador e o alumnado desde o móvil ou ordenador contesta as preguntas que decidiu previamente o docente. Pareceume unha apliación que se podería levar a cabo nas aulas de idiomas e que faría que o alumnado disfrutase máis do seu aprendizaxe.






Por último, a actividade final da clase foi conxunta e con Google Docs, na cal o docente repartiu por grupos dous puntos de traballo que había que completar. Estos puntos estaban relacionados cos contidos que se tratran na unidade catro. Esta actividade tamén foi moi útil xa que fixo que tívesemos que buscar información e traballar de forma colaborativa e aprender dunha forma máis amena que si o docente fixera unha clase maxistral.