Buscar este blog

2º Sesión Luz- Reflexión 


Na segunda sesión con Luz falamos da producción oral, o máis temido polos alumnos, o speaking. Pareceume moi importante para a nosa formación aprender a traballar esta habilidade lingüística e ver a cantidade de recursos e métodos que podemos usar, xa que creo que para o docente de idiomas a ensinanza da comunicación oral é un reto. Primeiro porque hai moitos alumnos, xa sexa do nivel que sexa, que son vergonzosos ou tímidos ou pola razón que sexa sintense máis cortados e inseguros a hora de ter que falar en outro idioma. Por outro lado, outro motivo é que na maioría dos casos o alumno non ten forma de prácticar esta habilidade do idioma fora de clase. Por iso é moi importante que o docente conte con unha serie de habilidades para lograr motivar o alumnado para perderlle o medo a falar e para que sexa capaz de comunicarse na lingua estranxeira. 
Persoalmente, penso que a producción oral debería ser a habilidade que máis se traballe na aula, é fundamental saber a gramática para poder construír as frases con sentido pero o máis importante é saber falar e comunicarse con persoas do outro idioma, e para os alumnos o feito de verse nunha situación real ou unha conversación do día a día xa vai valer moito máis que facer o típico exercicio de reading ou filling the gaps ou falar de Peter que non o coñecen nin é un personaxe real e desta forma van disfrutar máis das actividades e estarán máis motivados. 






Por outra banda, o gran descubrimento desta sesión no solo foron todas actividades e recursos que vimos para traballar a producción oral, senón que foi o libro "The Minimax Teacher" que seguro que nos vai salvar en máis dunha ocasión. Tamén a páxina lessonstream que a descoñeciamos totalmente e vainos ser moi útil no futuro. 

Outros aspectos que me gustaría comentar son o feito de personalizar as actividades  e tratamento do erro.  Coa actividade que fixemos da foto viuse claramente como personalizar unha actividade e crear máis interes no alumno. É fundamental motivar o alumno para que queira facer as actividades, chamar a asúa atención e facer unha simple actividade máis creativa.  

O tratamento do erro cando correximos é un tema delicado. Estou de acordo que os alumnos que se arriscan sempre deberían ter maior nota porque é aí onde podemos ver o progreso e non nun alumno que fai frases simples pero eso moitas veces non pasa e non se lles valora o traballo e sen embargo auqel alumno hai outros alumnos que non se complican para non ter erros, "play safe".  É moi importante saber correxir os erros da maneira máis eficaz e apropiada e facerlle ver os alumnos que non está mal equivocarse, que dos erros aprendese. O erro é un recurso útil que facilita o aprendizaxe dos alumnos e sobre todo cando estan aprendendo unha nova lingua, si sabemos tratalo dun xeito axeitado estamos favorecendo o alumnado a non frenarse no seu proceso de aprendizaxe, xa que no proceso de adquisión dunha lingua vanse encontrar sempre con moitos obstáculos e esta no noso labor como docentes facer que cumplan os obxectivos que lles marcamos e axudarlles a conseguilos. 







1 comentario:

  1. Encántame a viñeta, motivación a tope!
    É moi importante que te fixes no tratamento do erro, penso que deberiamos de adicarlle máis tempo neste mestrado pero nos xa non damos para máis!

    ResponderEliminar